2/27/2005

Pasa, estás na túa casa.

Encontreite e, coma sempre, devoráronnos as palabras. Alicia fronte a Alicia a través do espello. Alicia que conversa consigo mesma: dos coellos con sombreiro (o máxico que nos une), de raíñas de corazóns (que lles corten a cabeza!), de gatos de Cheshire con sorrisos que se esvaecen (amor, onde nos vai a amizade?), de botellas que din "bébeme" (como se nos fixese falta invitación!)
Somos Alicia nunha tarde de domingo e diante están as portas por abrir...
PUBLICIDADE Use Botas de Sete Leguas, hai mil mundos sen descubrir.

2/26/2005

Pranto a un carpinteiro, co permiso de Patty Pravo

Tu mi fai girar / tu mi fai girar / come fossi una bambola
Poi mi butti giù / poi mi butti giù / come fossi una bambola...

Non ti accorgi quando piango / quando sono triste e stanca /
Tu.. / pensi solo per te...

2/25/2005

Agggg!

Sacádeme de aquí!!!!!!!!!

Perder o pudor (exercicios de estilo)

Gústamoteucuporfóradopantalónenonchedigona
daseteimaxinosenroupa. Porquesalvasealaparteda
quenonvoufacercomentariosporquedescoñezooma
terial: molasquetinclinas.

Ou será así?

Proemeaconapolasgasnasdesentilatuapirolaeporou
trasprácticasdeprespitaciónpeores.

Ou así:

Omeuxefeéunfillodeputaintegralquemefodeavidadia
riamenteechámasemanuelfernándezlópez.

2/24/2005

Donfreán, San Matías, 2005

Aínda non o sabe pero leva varias noites durmindo comigo.
Déitome e, ao pouco, sinto a calor do seu corpo confortable, acaroándome. Boto a madrugada nun sono trasbaiado e tomando iniciativas imposibles. Esperto e está alí, durmindo coma un pitiño, esperando a esvaecerse cando o bique. E non podo matar a ardencia. Tan longas son as noites coma os días.
Polo menos podía facer a cama!!!!!!

2/23/2005

Ó día seguinte... igualito ca Petrarca

Di me medesmo meco mi vergogno

2/20/2005

Onte


Alguén celebrou onte os seus 27 anos. Foi unha festa fantástica.
Xa sei que o debuxo non ten "case" nada que ver pero... non é vivir reinterpretar a realidade?
Eh, o do xersei vermelho! Chámame!

2/18/2005

Pilleivos!


Que estades mirando! A ver se escribo segrediños? :PPPP

Mudanza íntima

Busqueite en todas as caixas e non te encontro. Será porque nunca entendín Roundabout.
O peor: que non vai haber quen me console.

2/17/2005

Vai frío



Solpor: preview com Joãozinho. Cabo Verde no coração.

2/16/2005

Cabo Verde

N ta gusta mut d' el

2/11/2005

Dacabalo


Algún día, dacabalo, hei aprender todos os nomes de debaixo do mar.

Tarabeladas veñen e van

Queda inaugurada esta tarabelada. Veña, todos a musar!