3/21/2005

Primavera e mariachis

Chegou por fin a privamera. Chove a fío e florecen os mariachis. Xa vos darei eu "mañanitas"!

3/20/2005

Versos negros

Choraría por ti,
se che valese o meu corazón cativo.
Por ti,
para que mañá che chegue a primavera.
Pero os versos negros
non se me dan ben
e o meu pranto é ruín
e non consola.
Esta noite vai ser longa,
compañeiro,
como se fose un século.

3/18/2005

Limpando almarios

Dentro dunha flor verde antes había sempre un ollo á espreita. Agora a flor perdeu a color e fica vermello o seu nome, que me queima sen que o mire, mesmo coas pálpebras pechadas.
Como veu, marchou. Acabouse o peso! Ha pensar que me amola. Pois si! Pero non é nada que non se quite cunha boa soneca, é o bo que ten a "memopausa".
************************************************************
Prácticas de perruquería:
= # :-) ............Lavo a cabeza
%% :-) ............Poño os rulos
&& :-) ............Fago un moño alto
@@ :-) ............Encerello todo
??? :-) ............Teño as miñas dúbidas
**** :-) .........Paxariños na cabeza

3/17/2005

3/13/2005

Onte, outra vez.


Alguén celebrou onte os seus 27 anos. Foi unha festa fantástica.
Xa sei que o debuxo non ten "case" nada que ver pero... non é vivir reinterpretar a realidade?
Eh, o de vermelho! A ver se te fuches volver mulato?
:DDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD

Cando veñas de visita

Aínda te busco de vez en cando coa vista. Só entón me lembro de que por un
tempo non vas estar. E alégrome por ti. Supoño que a mudanza non foi doada, pero sei que estás afeita a medios hostiles :) e que te vas adaptar.
Non quería deixar de saudarte desde aquí, agora, sortuda, que cun "clic" podes moverte polo mundo.
Non che conto nada novo. O importante da miña vida telo pintado ou escrito embaixo ou enriba disto.
De acordo, non vou esaxerar :) Os segredos xa chos contarei en privado.
Ás veces soño que outra vez nos volvemos encontrar nun concerto de Omara Portuondo e, quen sabe...?

3/11/2005

Suceso sobre sofista somatizado

(Nova versión con pequeno toque final. En vinganza do Santo dos Croques)
Santo sentíase Samaniego, Sender, Sartre, Stendhal... Saramago. Soñaba sentenzas supremas, sonetos simbolistas, sáficos sensibles. Soñaba ser superior.
Sabíase serio, sublime, sabio: sobráballe soberbia. Sentenciaba sobre si: "serei sélebre" (si, seseaba, sáibano).
Sentábase sobre sela -sospeitabámolo secretamente snob-, subscribindo signos sen sosego. Se se saturaba, silabeábaos sonoramente. Subitamente, separábase sensiblemente de si, soltaba soflamas severas sobre seus semellantes: "Son sórdidos, secos, simples. Soltan sandeces. Superareinos sen sufrir"
Sacrificou sono, sexo, ser sociable, saír sábados, sentir sol... Só semellaba sereno salferindo sílabas. Suou sangue. Sentiuse superado.
Sabéndose só, solicitou secretaria: señora sobria, seria, seca, silenciosa. Sería seu sostén. Seleccionou sílfide santanderina: saciaríase sen sablealo.
Sedente seiscentas semanas –Sol sobre Selene saía sen sufocos-, Santo sufriu substantivos sobresaltados, simpáticos septetos, sempiternas secas semánticas. Safo seduciuno. Sófocles sedouno, Sade siseoulle: “Sométete!”.
Sospeitosamente, semellante secretaria sorría satírica segregando sutilmente subliteratura soporífera, sombría, sensacionalista.
Sen sorpresa, sábado setembrino, Santo solucionou sagazmente sentenciar superprodución. Sentíase seguro. Satisfacíao.
Serio, sacou sobre, saqueteouna. Sopesouna: sospeitou sobrepeso.
Solícita, secretaria sairía selar sobrescrito. Saíu.
Sibilina, sorriu, señoreou sobre, signou siglas súas.
Sintetizo: sobreprodución sobresaíu. Secretaria santificouse supermillonaria. Santo supúxose sodomizado; sanou sandeces, soberbia. Simplemente suicidouse.

3/08/2005

Para quen me preguntaba onte se me ía manifestar

Tod@s somos hermafroditas!
(Non lle vexas dobre sentido, que saibas que te quero moito, xúroo! :DDDDDDDD)
A canción que soaba antes pódela escoitar aquí

Ernesto el embobado

Elena Estévez -española extremadamente efusiva- era elegante, exquisita. Emanaba efluvios enervantes, evidenciaba espíritu extraordinario. En escueto elogio: encantaba. En encontrándola, empezaba el embrujo. Esto exactamente experimentó Ernesto Echegoyén, emigrante europeo, ex embajador estoniano.
Enamoróse.
Encontrábase entonces Ernesto en el Ecuador, en "El Exeter". Ella emergió en el espejo, esplendente, escotada, envuelta en encajes. Efectivamente estaba en la escalera.
Enardecido, exaltado, Ernesto empezó espetándole exabruptamente escandaloso exordio:
-¡Espléndido ejemplar!
Enseguida emitió explicaciones.
-Excúseme. Experimenté encantamiento. Estoy enfebrecido. Eres escencia, elíxir, estandarte. Estoy embrujado, enajenado, encadenado.
Ella, endiablademente elástica, escapó, envolviéndolo en enigmático estupor. Ernesto estaba eufórico, ebrio en eclipse, en el Edén.
Elena empezó esquivándolo. Empero, enseguida entendiéronse. Escarceos. Esporádicos encuentros. Enternecidas epístolas. Enojos, explicaciones. Epílogo: enlace.

3/06/2005

Non era "Caballo Loco"

Chamábase Tiroloco McGraw e, o seu amigo mexicano, Pepe Trueno (tamén lle encontro parecidos).
Ghasús, acabo de ver en que época o emitían! Polos dólares de Hanna-Barbera!

"O caos, nunca fomos tan felices"

As palabras do título viñéronme á cabeza mentres lía o intercambio de post entre Arcal e O Santo dos Croques . Non me acordo agora quen as escribiu. Sería Brecht?
Pero, que non quede dúbida, eu vou por Arcal.
(AVISO: Este é un chiste privado que non van entender nin os interesados. Creo que non o entendo nin eu...)

3/05/2005

Cousas que lle oín a Fausto

"Os curas do globo terrestre tributáronse todos e puxeron 5o pesos cada un para pagar o Alzamento Nacional e pagaron 4o pilotos alemáns e 100 comandantes e coroneis norteamericanos".
"Stalin matou dezaseis millóns de zares, que eran unha raza de rusos".
"Había unha emisora clandestina na que lle chamaban a Franco o Porco do Pardo. Cando morreu puxéronlle unha pedra na cabeza de seiscentos mil quilos".
Será que a Historia non sempre a escriben os vencedores?

3/04/2005

Navegación en solitario

(Para os catro que me entenden)
Hai cousas que debo de extirpar da cabeza e non dou dado. Dáme o sono.
A ver se vai ser que me teño que operar sen anestesia!

"Beati Hispani quibus bibere e vivere idem est"

3/03/2005

Na moda



Quen o diría. Eu convertida nunha escrava da moda!

3/02/2005

Hibernación

Da condición de inactividade parcial e de redución metabólica extrema que se dá en certos animais durante invernos rigorosos danse bos exemplos na Corredoira das Fraguas, en Santiago de Compostela.
Escusan achegarse a ver o fenómeno: nin asoman.

3/01/2005

Cinema


Era coma a boca dun galán de cine, daqueles cun bigotiño de catro pelos ridículo que facía de ganster chulito. Era coma a boca dun rapazolo que se gaba dos catro pelos do bigote. Reparei nela hoxe por primeira vez e case tiven pensamentos impuros. Menos mal que son guiadiña. Ou non?