6/28/2005

Ano 1, día 1, hora 1...

Esfragháronse!!!!!
Escacharráronse!!!!!!
Acabou a II Longa Noite de Pedra!

6/02/2005

1. Todo home verde...

... debe vir do mundo subterráneo (a non ser os marcianos).
2. Todo home verde morre ao pouco de chegar. A dieta que teñen, nin se semella á nosa.

5/18/2005

Isto merece estar en primeiro plano:

El usuario anónimo dijo...
O escenario (como din os cursis) vai ser este: na noite electoral, o PP saca 37 deputados e diante das cámaras Fraga entra de vez na historia pola porta do infarto televisado. Dous días despois, durante os actos fúnebres en Bonaval, sábese que cos votos por correo o PP recupera a maioría absoluta. Pero constituído o primeiro parlamento posfraguiano, o PP non é capaz de presentar un candidato, rompe en tres pedazos e convócanse novas eleccións para outubro. No verán fúndanse en Galicia catorce partidos, entre eles a inverosímil alianza de Baltar, Cacharro e Cuíña con Xosé Luís Barreiro, Beiras, Manuel Soto, Meilán e Blanco Campaña. Case ó mesmo tempo, o PP de Madrid defenestra a Rajoy e mándao de candidato á Xunta. Chega outubro e ninguén consegue a maioría. Finalmente, un complicado xogo de pactos dálle a presidencia e o goberno a Cañita Brava, que obtivera un deputado pola Coruña prometendo unha rede galega de karaokes con cargo ó Sergas. Tras dous meses de pompa e parranda, Cañita proclámase Tirano (sic) do Novo Reino de Galiza, fai presidente a John Balan e comeza o chamado Semestre Delirante, durante o cal son pasados pola guillotina Paco Vázquez, Pemán o do tempo, Superpiñeiro e Gaioso, entre outros. Como resposta a estes excesos, prodúcese o famoso levantamento dos irmandiños e vai todo para o carallo. Así as cousas, case dan ganas de que gañe Quintana.

Declaración de intencións

En vista de que teño isto abandonado; de que non respondo algún correo que debo desde hai "paí" un mes; de que faltan ... días para as eleccións (teño que mirar algo máis para os escaparates do barrio) e isto non ten traza; de que por primeira vez na vida vou votar sen mirar a quen (como seica hai que facer o ben); de que me doe a cabeza "again" (aínda hei morrer nova cando sempre quixen ser unha vella repunante!); de que estou escribindo isto por escribir e para non perder o costume...

DECLARO

que son boa xente, pero é que o PHARMATONVIT non me dá feito efecto [com efeito, não me tem feito efeito].

4/25/2005

Anuncio

Va que non sabedes que o P.P. vai perder as eleccións?

4/11/2005

Nugalla...

ou falta de tempo. O caso é que me parece que non teño nada que dicir nin que pintar. Debe ser pola falta de motivación. Creo que non vexo algo interesante desde o 2001 en M.
De acordo; ao mellor si; pero eran miraxes.

3/21/2005

Primavera e mariachis

Chegou por fin a privamera. Chove a fío e florecen os mariachis. Xa vos darei eu "mañanitas"!