2/24/2005

Donfreán, San Matías, 2005

Aínda non o sabe pero leva varias noites durmindo comigo.
Déitome e, ao pouco, sinto a calor do seu corpo confortable, acaroándome. Boto a madrugada nun sono trasbaiado e tomando iniciativas imposibles. Esperto e está alí, durmindo coma un pitiño, esperando a esvaecerse cando o bique. E non podo matar a ardencia. Tan longas son as noites coma os días.
Polo menos podía facer a cama!!!!!!

Nessun commento: