2/27/2005

Pasa, estás na túa casa.

Encontreite e, coma sempre, devoráronnos as palabras. Alicia fronte a Alicia a través do espello. Alicia que conversa consigo mesma: dos coellos con sombreiro (o máxico que nos une), de raíñas de corazóns (que lles corten a cabeza!), de gatos de Cheshire con sorrisos que se esvaecen (amor, onde nos vai a amizade?), de botellas que din "bébeme" (como se nos fixese falta invitación!)
Somos Alicia nunha tarde de domingo e diante están as portas por abrir...
PUBLICIDADE Use Botas de Sete Leguas, hai mil mundos sen descubrir.

3 commenti:

simon miente ha detto...

Maravillas por un céntimo. Alicia cae por el agujero, abajo, abajo. Y en aquel descenso pierde la educación.
¿Qué decía aquel neón Alicia?. Se leía acaso Sé buena Alicia? Decía Cómeme,Chúpame, Succióname, Alicia?
No. No decía nada de eso.Cuéntame, Alicia, qué había allí, al descender? Maravillas por un céntimo, quizás puedas salir corriendo.

setesoles ha detto...

a min os cheiros de tabaco ben queimado, de caixinha fina e pequena, de marabillas entre vinhos tintos e sorrisos de boa xente, a min a sensación de agradable companha, de Santa Companha.

onde está a minha botella?

Tarabela ha detto...

A túa botella??... Cumpriu a súa función:
Era feitiño e tiña marcados eses dous ósos que ... véña! que che vou a contar!. Bebina con el e ó acabar díxome:
- "Son 43 €".
Era boa tanta bicoca. O moi capullo quería cobrar.

Non home, non. Se andas cincuenta pasos desde o pret-a-porter do barrio, viras un chisquiño á esquerda (sempre hai que virar á esquerda) e premes no segundo botón, báixocha axiña.