3/20/2005

Versos negros

Choraría por ti,
se che valese o meu corazón cativo.
Por ti,
para que mañá che chegue a primavera.
Pero os versos negros
non se me dan ben
e o meu pranto é ruín
e non consola.
Esta noite vai ser longa,
compañeiro,
como se fose un século.

2 commenti:

Anonimo ha detto...

falando de noites longas ahí vai un aviso para navegantes etílicos.Circula por os estanmtes das licorerias unha denominación de orixen de "ribero" que se chama "noite Longa". A presentación non é de todo perralleira i eu cometin o erro de cofiarme no seu "buque" par unha cea sinxela de ovos fritidos. O resultado foi precisamente o profetizado : Unha noite longa de vómitos e cagarrias.

Tarabela ha detto...

Só bebo rioxa a non ser que non haxa. No viño e nos homes non hai por que facer patria :)