5/18/2005

Isto merece estar en primeiro plano:

El usuario anónimo dijo...
O escenario (como din os cursis) vai ser este: na noite electoral, o PP saca 37 deputados e diante das cámaras Fraga entra de vez na historia pola porta do infarto televisado. Dous días despois, durante os actos fúnebres en Bonaval, sábese que cos votos por correo o PP recupera a maioría absoluta. Pero constituído o primeiro parlamento posfraguiano, o PP non é capaz de presentar un candidato, rompe en tres pedazos e convócanse novas eleccións para outubro. No verán fúndanse en Galicia catorce partidos, entre eles a inverosímil alianza de Baltar, Cacharro e Cuíña con Xosé Luís Barreiro, Beiras, Manuel Soto, Meilán e Blanco Campaña. Case ó mesmo tempo, o PP de Madrid defenestra a Rajoy e mándao de candidato á Xunta. Chega outubro e ninguén consegue a maioría. Finalmente, un complicado xogo de pactos dálle a presidencia e o goberno a Cañita Brava, que obtivera un deputado pola Coruña prometendo unha rede galega de karaokes con cargo ó Sergas. Tras dous meses de pompa e parranda, Cañita proclámase Tirano (sic) do Novo Reino de Galiza, fai presidente a John Balan e comeza o chamado Semestre Delirante, durante o cal son pasados pola guillotina Paco Vázquez, Pemán o do tempo, Superpiñeiro e Gaioso, entre outros. Como resposta a estes excesos, prodúcese o famoso levantamento dos irmandiños e vai todo para o carallo. Así as cousas, case dan ganas de que gañe Quintana.

4 commenti:

Anonimo ha detto...

ENCE FÓRA DE LOURIZÁN.
mani. Sabado 4 ás 20:30.
Praza da Ferrería.
Pontevedra. PASAO.

o deber de todo galego é acudir á manifestación en pontevedra.

ti vas a vir?
EU, DESDE LOGO!

AVANTE GALIZA!

50.000 galegos EN PONTEVEDRA!

Anonimo ha detto...

Nota crítica e fe de erros a anti-ence:

Onde dixo dijo dice di e digo:
ENCÉFORA de LOURIZÁN, señora de Boado, UN MANÍ PASAO. Pontevedra.


Onde di "O deber de todo galego..."
Debe dicir: "O de verde, todo galego..."

Onde di que debes acudir
quere dicir "debe sacudir"

Ou sexa:
O DE VERDE, TODO GALEGO, DEBE SACUDIR A MANIFESTACIÓN.

Quen carallo é o de verde? A Garda Civil?

Onde di "Ti vas a vir"
debe dicir "Ti vaste avir" ou "Ti vas vir"

Onde di "EU, desde logo"
debe dicir "Eu, desde Lugo"

Onde di "Avante Galiza" debe pospoñerse de momento e non dicir nada, non vaia ser que se mova cara ó mar... Polo menos que pare quieta ata que chegue eu a Pontevedra, que desde Lugo aínda hai unha tirada e vou en coche de liña.
Por certo, chámanlle "O Coche de Lugo" en todo o traxecto (Lugo-Vigo) menos en Lugo, onde din "O Gómez de Castro".

Cincuenta mil galegos de verde?

Roberto Iza Valdés ha detto...
Questo commento è stato eliminato da un amministratore del blog.
Roberto Iza Valdés ha detto...
Questo commento è stato eliminato da un amministratore del blog.